Skip to main content

A Biblioteca Concepción Arenal amplía o seu horario extraordinario de apertura

A Concepción Arenal abrirá durante maio ata as 5.00 horas
A Concepción Arenal abrirá durante maio ata as 5.00 horas
Pechará ás 5.00 horas

Ata finais de maio a Biblioteca Concepción Arenal ampliará o horario de apertura extraordinario, abrindo as súas portas ata as 5.00 horas. Ademais desta, durante este período tamén abren en horario ampliado as bibliotecas Intercentros de Lugo, a Xeral, a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Sala de Lectura de Dereito, esta última 24 horas ao día.

En horario extraordinario, a Intercentros e a Xeral abrirán de 8.30 a 3.00, de luns a venres, e entre as 10.00 e as 3.00 horas en fins de semana e festivos. A Biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais servirá de reforzo en fin de semana e festivos, de 10.00 a 22.00 horas, mentres que a Sala de Lectura de Dereito permanecerá aberta 24 horas continuadas.

Deste xeito, a USC oferta en época de exames un total de 2.582 prazas en bibliotecas e Salas de Lectura, entre as 1.764 de Santiago e as 818 de Lugo. A cifra representa poñer a disposición da comunidade universitaria en horario extraordinario preto do 40% do total dos seus postos de lectura (6.925).

Xuño e xullo
Dende o 1 ao 17 de xuño, abrirán en horario extraordinario a biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e a Sala de Lectura de Dereito, de 9.00 a 3.00 horas durante a semana e de 10.00 a 3.00 horas na fin de semana e festivos. Do 18 de xuño ao 1 de xullo, a Concepción Arenal tomará o relevo da Sala de Lectura de Dereito xa que esta última pasará a estar aberta 24 horas ao día polo inicio do período de recuperación.

Entre o 2 e o 11 de xullo, manterán os horarios ampliados a Intercentros de Lugo e a la Sala de Lectura de Dereito.

The contents of this page were updated on 05.19.2016.