Skip to main content

O Protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos presentarase este martes na Facultade de Filosofía

O Protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos presentarase este martes 24 na Facultade de Filosofía. Nun acto ás 17.30 horas no Salón de Actos, intervirán a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; o presidente de Kontseilua, Paul Bilbao; o presidente da Mesa de Normalización Lingüística, Marcos Maceira; e a integrante do comité científico, Pilar García Negro.

Con anterioridade a esta presentación, está previsto que o reitor Juan Viaño manteña un encontro con Paul Bilbao, ás 10.30 horas no Despacho Reitoral no Colexio de San Xerome. O protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos é un documento que avoga pola igualdade entre as diferentes linguas e polo desenvolvemento daquelas en situación de desvantaxe.

The contents of this page were updated on 05.23.2016.