Skip to main content

O proxecto de Protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos preséntase este martes en Filosofía

De esquera a dereira, Manuel Núlez Singala, Juan Viaño, Marcos Maceiras e Paul Bilbao. Foto: Servimav-USC
De esquera a dereira, Manuel Núlez Singala, Juan Viaño, Marcos Maceiras e Paul Bilbao. Foto: Servimav-USC

Comunidade universitaria, representantes de institucións e do sector empresarial, entidades sociais, así como representantes políticas, entre outros axentes, están convidados este martes 24 á presentación do Protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos na Facultade de Filosofía. Nun acto ás 17.30 horas no Salón de Actos, interveñen a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; o presidente de Kontseilua, Paul Bilbao; o presidente da Mesa de Normalización Lingüística, Marcos Maceira; e a integrante do comité científico, Pilar García Negro.

O protocolo para Garantía dos Dereitos Lingüísticos é un documento que avoga pola igualdade entre as diferentes linguas e polo desenvolvemento daquelas en situación de desvantaxe. A súa redacción final será froito das contribucións de axentes sociais e as recomendacións dun Comité Científico e definirá as condicións mínimas necesarias para garantir os dereitos lingüísticos do conxunto da cidadanía. As conclusións do proceso de elaboración, do que forma parte a presentación a celebrar este martes na USC, serán presentadas en San Sebastián no mes de decembro de 2016 no marco da Capitalidade Europea da Cultura.

O proxecto deste protocolo responde a unha iniciativa dos axentes sociais e nace co vontade de empoderar estes axentes para consensuar un pacto social de gran calado que poda ser asumido por todo tipo de entidades, explican os seus promotores. Neste contexto, os organismos sociais e todas as persoas que teñan interese no ámbito das linguas poderán durante o primeiro semestre de 2016 facer achegas á elaboración dos Protocolo final. Despois de que o Comité Científico ordene as contribucións, o grupo organizador que encabezan a Fundación Donostia / San Sebastian Capital Europea da Cultura 2016 e o Consello dos Organismos Sociais do Euskera presentaraas aos organismos sociais para a súa ratificación.

Con anterioridade á presentación, Paul Bilbao e Marcos Maceira, xunto co director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, mantiveron un encontro co reitor Juan Viaño no que explicaron o estado de desenvolvemento do proxecto de Protocolo.

The contents of this page were updated on 05.24.2016.