Skip to main content

A realidade e as necesidades do colectivo de persoas transexuais centra a intervención da presidenta de Arelas en Formación do Profesorado

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión
A sesión, organizada polo profesor da área de Plástica da USC Vicente Blanco, desenvolverase a partir das 13.00 horas, no salón de actos do centro universitario

A docente, traballadora social e presidenta da asociación de familias de menores tras Arelas, Cristina Palacios Castro, ofrecerá este xoves, a partir das 13.00 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, o relatorio ‘Transformación a sociedade’.

Nesta sesión, organizada polo profesor da Área de Plástica do Departamento de Didácticas Aplicadas da USC Vicente Blanco, Cristina Palacios, tratará de dar visibilidade a unha realidade socialmente oculta como é a dos menores transexuais. A nai da primeira menos que conseguiu mudar legalmente o seu nome en Galicia aproveitará a súa intervención para mostrar as vivencias, necesidades e realidades dun colectivo minoritario, vulnerable e socialmente rexeitado, como é o das persoas transexuais. O traballo que está a desenvolver a asociación Arelas neste eido, ademais do protocolo educativo sobre identidade de xénero elaborado en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia, serán outras das cuestións sobre as que disertará Cristina Palacios no marco dunha sesión aberta ao público e de entrada libre e de balde para todas as persoas interesadas.

The contents of this page were updated on 10.26.2016.