Skip to main content

O doutoramento en Ciencias Agrícolas e Medioambientais da USC participa nun curso organizado pola PNUD en Centroamérica

Participantes no curso 'Bioclimatoloxía, xeobotánica e indicadores biolóxicos'
Participantes no curso 'Bioclimatoloxía, xeobotánica e indicadores biolóxicos'

O programa de doutoramento en Ciencias Agrícolas e Medioambientais da USC, coordinado polo profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC Agustín Merino García, está a participar nas actividades formativas que se están a desenvolver en Guatemala no marco do curso ‘Bioclimatoloxía, xeobotánica e indicadores biolóxicos como ferramentas para identificar e avaliar o risco ecolóxico ante o cambio climático’. Este programa formativo contra entre o seu alumnado con profesionais e estudantes de posgrao de diversos organismos gubernamentais (MARN, Insivumeh, Maga), así como doutras persoas pertencentes á Universidade San Carlos de Guatemala e á Universidade Valle de Guatemala.

O curso, que ten como obxectivo fortalecer os coñecementos aplicables ás problemáticas derivadas do cambio climático en diferentes zonas de América, está a desenvolverse ao abeiro do proxecto ‘Paisaxes produtivas resistentes ao cambio climático’, unha acción posta en marcha con fondos do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) e adscrita ao Ministerio de Ambiente e Recursos Naturais de Guatemala (MARN). O profesor do Departamento de Botánica da USC na Escola Politécnica Superior de Lugo Joaquín Giménez de Azcárate forma parte do cadro docente encargo de impartir este curso, no que tamén colabora co investigador do Departamento de Botánica da USC Óscar Medinilla. Carlos Otero, do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía da USC, e os docentes da Universidade de Jaén Antonio García e Juan Antonio Torres completan o elenco de formadores do curso ‘Paisaxes produtivas resistentes ao cambio climático’, coordinado por Johny Toledo. Alén das sesións formativas específicas deseñadas no marco deste programa, o organización deste curso pretende asemade buscar la captación, inserción e participación do alumnado en proxectos de investigación aplicada xa definidos neste e noutros marcos programáticos aproveitando as liñas de colaboración académica derivadas do doutoramento internacional en Ciencias Agrarias e Ambientais da USC. O de Ciencias Agrarias e Ambientais é único doutoramento internacional coordinado pola USC e conta como socios con diferentes entidades da rexión centroamericana, tales como o son as universidades guatemaltecas antes xa citadas, ou o Colexio de Posgraduados de México, que é a mellor universidade latinoamericana en Ciencias Agrarias, ao tempo que tamén incorpora estudantes procedentes doutros centros de Ecuador e Costa Rica, segundo sinalou Agustín Merino.

The contents of this page were updated on 10.28.2016.