Skip to main content

Unha conferencia en Económicas analiza a implicación para España do Tratado de Libre Comercio entre a UE e EEUU

A incidencia do tratado de Libre Comercio entre a UE e os Estados Unidos para España é o argumento que desenvolverá este mércores 19 nunha conferencia o xefe de Prensa da Representación da Comisión Europea en España, Dimitri Barua.

A sesión celebrarase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a partir das 16.30 horas con entrada libre para todas as persoas interesadas. A decana deste centro, Emilia Vázquez Rozas, presentará e moderará a sesión. Esta é a unha actividade incluída no encontro Diálogo TTIP Galicia que organiza a USC e a Representación da Comisión Europea en España.

The contents of this page were updated on 10.19.2016.