Skip to main content

Conferencia de Agustín Azkarate este xoves en Historia

O catedrático de arqueoloxía da Universidade do País Vasco Agustín Azkarate impartirá este xoves 20 a conferencia ‘Paisaxes históricos urbanos: ¿novo paradigma ou subterfuxio?’, enmarcada no Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade que organizan as universidades de Santiago de Compostela e Vigo e o Incipit-CSIC. O relatorio será ás 13.00 horas na Aula 5 da Facultade de Xeografía e Historia.

Azkarate é director do Grupo de Investigación en Patrimonio Construído e da Cátedra Unesco en Paisaxes Culturais e Patrimonio. A súa principal liña de investigación céntrase na valoración e xestión integral do Patrimonio Cultural Inmoble. Entre outros méritos, é autor ou coautor de 12 libros e 150 capítulos de libro e artigos científicos e dirixiu ou co dirixiu unhas 30 investigacións e outras tantas escavacións arqueolóxicas.

The contents of this page were updated on 10.19.2016.