Skip to main content

Dereito honra este venres o seu patrón San Raimundo de Peñafort

O reitor Juan Viaño presidirá este venres 23 o acto académico en honra ao patrón da Facultade de Dereito, San Saimundo de Peñafort, nunha sesión protocolaria que comezará ás 12.00 horas no Salón de Actos deste centro. Xunto ao reitor estarán presentes ademais o decano Miguel Míguez Macho, a secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro; a decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ana María Pita Grandal; a vicedecana de Estudantes e Ordenación Académica da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, Rocío Quintáns Eiras; o vicedecano da Facultade compostelá, Santiago Brage Cendán; e o secretario deste mesmo centro, José Mª Miranda Boto. A sesión académica comezará coa lectura da memoria do centro correspondente ao curso 2013-2014 e proseguirá coa entrega da insignia da Facultade aos profesores Ángel Fernández-Albor Baltar, Santiago Álvarez González, María Paz García Rubio, María Dolores García Hervás e Bernardino José Varela Gómez en recoñecemento aos seus 25 anos de servizo no centro. A entrega de diplomas ao alumnado que rematou estudos no pasado curso e a intervención do decano, precederá ao peche do acto da man do reitor compostelán.

The contents of this page were updated on 01.22.2015.