Skip to main content

Fondo pesar na Universidade de Santiago de Compostela polo pasamento do profesor Santiago Buide Díaz

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) lamenta o pasamento do profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Santiago Buide Díaz, membro da comunidade universitaria querido e recoñecido no eido académico. O pasamento de Santiago Buide xerou fondo pesar especialmente na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo, onde o finado desenvolveu a súa traxectoria académica desde a hai preto de tres décadas. A institución únese así á dor de familiares e amizades nestes duros momentos.

Santiago Buide Díaz, de 54 anos de idade, finou na mañá do xoves 22 de xaneiro na capital luguesa. Os restos mortais deste profesor descansan nunha sala do tanatorio Velatorios Lucenses, onde esta tarde está prevista a celebración, ás 18.30 horas, dunha misa rezada para logo proceder á incineración do cadáver na intimidade familiar.

The contents of this page were updated on 01.23.2015.