Dereito celebrou a festividade do seu San Raimundo de Peñafort
O reitor Juan Viaño presidiu este venres 23 o acto académico en honra ao patrón da Facultade de Dereito, San Saimundo de Peñafort, nunha sesión protocolaria celebrada no Salón de Actos deste centro. Xunto ao reitor estiveron ademais o decano Miguel Míguez Macho, a secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro; a decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Pontevedra, Ana María Pita Grandal; a vicedecana de Estudantes e Ordenación Académica da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, Rocío Quintáns Eiras; o vicedecano da Facultade compostelá, Santiago Brage Cendán; e o secretario deste mesmo centro, José Mª Miranda Boto. A sesión académica comezou coa lectura da memoria da facultade correspondente ao curso 2013-2014 e proseguiu coa entrega da insignia da Facultade aos profesores Ángel Fernández-Albor Baltar, Santiago Álvarez González, María Paz García Rubio, María Dolores García Hervás e Bernardino José Varela Gómez en recoñecemento aos seus 25 anos de servizo no centro. A entrega de diplomas ao alumnado que rematou estudos no pasado curso e a intervención do decano, precedeu ao peche do acto da man do reitor compostelán. A sesión celebrouse no Salón de Actos da Facultade. Foto: Servimav-USC