Skip to main content

Premio ao mellor proxecto emprendedor universitario

Estudantes ou equipos con proxectos empresariais e matriculados este curso nunha universidade membro da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) poden optar á sétima edición do Premio Uniproyecta ao mellor proxecto emprendedor que convocan a Rede Universitaria de Asuntos Estudantís (RUNAE) da CRUE e Universia. Poden tamén presentarse titulados universitarios ou equipos que obtiveran o seu título nos dous cursos inmediatamente anteriores ao actual. As candidaturas, con proxectos inéditos e orixinais, deberán ser enviadas polo vicerreitor membro da RUNAE de cada universidade participante con data límite o 12 de marzo. O Premio Uniproyecta concédese en dúas categorías: Portal Universia ao mellor proxecto emprendedor universitario, dotado con 10.000 euros; e Fundación Universia, orientado á atención de persoas con discapacidade, con 5.000 euros. O xurado está composto polo reitor presidente de RUNAE, os coordinadores do grupo de Emprego e o subgrupo de autoemprego, así como a secretaria executiva da RUNAE; un representante de Universia; sete vicerreitores membros de Rede Universitaria e os seus representantes de Portal Universia e Fundación Universia.

The contents of this page were updated on 01.27.2015.