Skip to main content

USC e SEAE conmemoran en Lugo o Ano Internacional dos Solos cunha sesión informativa aberta ao público na Casa do Saber

Cartaz do Ano Internacional dos Solos
Cartaz do Ano Internacional dos Solos

A USC e a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) conmemorarán en Lugo o Ano Internacional dos Solos cunha sesión informativa aberta ao público que se desenvolverá o vindeiro 6 de febreiro na Casa do Saber de Lugo. A presidenta da SEAE, María Dolores Raigón, e o enxeñeiro agrónomo e investigador e profesor da Universidade de Almería, Julio César Tello Marquina, serán os relatores encargados de guiar esta sesión, a través da que buscan sensibilizar á sociedade civil e ás distintas administracións respecto da importancia que ten o suelo para a vida humana. Esta sesión informativa, en cuxa organización tamén participa o Ibader, a Deputación de Lugo e a Sociedade Galega de Agroecoloxía, servirá asemade para incidir nos obxectivos específicos establecidos pola FAO co gallo da celebración en 2015 do Ano Internacional dos Solos.

The contents of this page were updated on 01.27.2015.