Skip to main content

A Aula TIC PYMES inicia a publicación da súa revista SiPYMEs

A Aula TIC PYMES (ATP) acaba de estrear a súa propia revista dixital SiPYMEs coa edición do número 0, no que se dan cita seis persoas expertas en temas de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e que, dende diferentes ópticas e perspectivas, reflexionan sobre o mundo das TIC e as pequenas e medianas empresas. A influencia da blogosfera no mundo empresarial, o potencial das ferramentas dixitais para as microempresas ou os sectores con maior e menor crecemento en comercio electrónico son algúns dos asuntos abordados pola revista. SiPYMEs é unha publicación electrónica, de carácter divulgativo e periódico, que pretende difundir artigos de actualidade vinculados cos beneficios que as Tecnoloxías da Información e as Comunicación brindan as PEMEs. O seu obxectivo central será facilitar a adaptación das empresas de menor tamaño á sociedade da información, eliminando as diferenzas que puideran existir entre este e outros tipo de empresas en relación á utilización da USC. O seu formato electrónica outórgalle a SiPYMEs a posibilidade de acceso dende calquera punto da xeografía, a súa actualización permanente e a interacción do público coa revista. Neste senso, a revista pretende crear unha comunidade de persoas relacionadas ou interesadas coas tecnoloxías e a súa aplicación nas empresas.

The contents of this page were updated on 08.11.2015.