Skip to main content

Aberta a inscrición para participar nunha ruta botánica polo campus de Lugo

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 19.00 horas, unha ruta botánica pola sede universitaria luguesa.

O profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC na EPS Manuel Antonio Rodríguez Guitián, que é coautor do libro ‘Ruta botánica polo campus de Lugo’, actuará como guía dunha expedición cuxos participantes percorrerán os distintos espazos verdes do campus lugués. A participación nesta ruta é libre e de balde, aínda que as prazas son limitadas. Daquela, cómpre que as persoas interesadas en tomar parte nesta actividade formalicen previamente a súa inscrición a través do enderezo de correo electrónico mariadomar.perez [at] usc.es (mariadomar[dot]perez[at]usc[dot]es) As persoas interesadas en recibir máis información sobre este itinerario botánico polo campus de Lugo poden atopala nesta ligazón electrónica, desde onde tamén poden descargar aplicacións para o móbil con cumprida información sobre esta ruta.

The contents of this page were updated on 04.24.2015.