Skip to main content

O órgano nos fondos da Biblioteca Xeral, nova exposición en Fonseca

O órgano nos fondos da Biblioteca Xeral, nova exposición en Fonseca
O órgano nos fondos da Biblioteca Xeral, nova exposición en Fonseca

Enmarcada no ciclo ‘De lugares e órganos’, este xoves 11 ás 19.30 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonesca inaugúrase unha exposición que mostra os fondos bibliográficos que sobre órganos posúe a Biblioteca da USC. Permanecerá aberta de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas ata o 10 de maio.

Á inauguración da mostra ‘Memoria silente: itinerarios polo patrimonio organístico esquecido. O órgano nos fondos da Biblioteca Xeral’ asistirán a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo; a concelleira de Acción Cultural de Santiago, Branca Novoneyra, e o comisario da exposición, Andrés Díaz.

The contents of this page were updated on 04.10.2019.