Skip to main content

Finaliza o prazo de presentación de resumes para a vixésima Reunión da Sociedade Española de Química Analítica

O Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía organiza a vixésima Reunión da Sociedade Española de Química Analítica, que se vai celebrar na Facultade de Medicina da USC entre o 1 e o 3 de xullo. Actualmente, a organización deste evento mantén aberto ata o 20 de abril o prazo para o envío de resumes. O programa no que se vertebra a xuntanza está aberto a un abano amplo de contidos que, con carácter interdisciplinario, abordarán cuestións relacionadas co medio ambiente, alimentos, intrumental e métodos, técnicas ómicas, nanotecnoloxía, avances no tratamento de mostra, bioanálise e análise forense, quimiometría e cualimetría, entre outras. Como novidade, nesta edición aplicarase a taxa de inscrición reducida aos estudantes non membros da sociedade. As conferencia plenarias estarán impartidas polos profesores Janusz Pawliszyn, da Universidade de Waterloo (Canadá), Jürgen Popp, da Universidade de Jena (Alemaña) e por Susan Olesik.

The contents of this page were updated on 04.14.2015.