Skip to main content

Olalla Castro Alvaredo imparte unha nova sesión do seminario de Física Teórica

Olalla Castro Alvaredo imparte unha nova sesión do seminario de Física Teórica
Olalla Castro Alvaredo imparte unha nova sesión do seminario de Física Teórica

Olalla Castro Alvaredo, titulada e doutora pola USC que actualmente imparte docencia na City University de Londres foi a protagonista este martes dunha nova sesión do seminario que sobre Física Teórica organiza ao longo de todo o curso académico o Departamento de Física de Partículas da USC.

A súa intervención na Facultade de Física centrouse no seu traballo máis recente, arredor do cálculo dunha cantidade coñecida como entropía de entrelazamento nas teorías cuánticas de campo. Trátase dunha rama da teoría cuántica de campos que están atraendo bastante a atención na actualidade e particularmente no Reino Unido.

The contents of this page were updated on 04.21.2015.