Xeografía e Historia homenaxeou coa medalla da facultade ao persoal recentemente xubilado
A Facultade de Xeografía e Historia da USC impúxolle este xoves a medalla do centro aos compañeiros e compañeiras recentemente xubilados Andrés Precedo Ledo, Manuel Núñez Rodríguez, Mª Isabel Fernández Justo e Mª Luisa Pérez Fariña. O acto de homenaxe tivo lugar no Paraninfo da Universidade presidido polo vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira Fariña, e nel participaron ademais o decano da facultade, Juan Monterroso, e os profesores Francisco Durán e Enrique Fernández Castiñeiras.