Skip to main content

O Consello de Goberno aproba os plans de viabilidade de nove graos e un mestrado universitario

O Consello de Goberno da USC aprobou este martes en sesión extraordinaria, previo informe favorable de Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa, os plans de viabilidade de nove titulacións de grao e da modificación do Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña. O visto bo a estes plans, que agora se remitirán á Xunta de Galicia para a súa aprobación, refírense aos graos en Enxeñaría Civil, Enxeñaría en Xeomática e Topografía, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, Filoloxía Clásica, Filosofía, Lingua e Literatura Galegas e Xeografía e Ordenación do Territorio. Os plans de viabilidade susténtanse fundamentalmente na singularidade dalgúns dos títulos e en diversas accións a levar a cabo como a semipresencialidade, compartición de cursos e/ou créditos e modificacións da oferta académica.

The contents of this page were updated on 04.28.2015.