A Biblioteca Universitaria inicia o período de apertura en horarios extraordinarios
A Biblioteca Universitaria iniciou este luns 22 os seus horarios extraordinarios de apertura anticipándose ao período de exames que comezarán a mediados do vindeiro mes. Así, as salas de estudo de distintas bibliotecas dos campus de Santiago e Lugo ampliarán os seus períodos de apertura ata o vindeiro 19 de xullo, sumándose ás bibliotecas dos centros que manterán o seu horario habitual.
Do 22 de abril ao 1 de maio
O primeiro período de horarios extraordinarios estenderase dende o vindeiro luns ata o 1 de maio. Neste intervalo a Biblioteca Concepción Arenal, no Campus de Santiago, e a Intercentros no de Lugo, abrirán de luns a venres de 8.30 ata as 3.00 e en fins de semana e festivos de 10.00 a 3.00 horas.
Do 2 de maio ao 14 de xuño
A partir do día 2 de maio, a Biblioteca Concepción Arenal abrirá 24 horas ao día e a Intercentros manterá os horarios ampliados de 8.30 a 3.00 durante a semana (a partir das 9.00 horas dende o 1 de xuño) e de 10.00 a 3.00 en fins de semana e festivos.
Do 14 de xuño ao 19 de xullo
Neste terceiro período, tanto a Concepción Arenal como a Intercentros abrirán de luns a venres de 9.00 a 3.00 horas e en fin de semana e festivos de 10.00 a 3.00 horas. De xeito complementario, entre o 1 de maio e o 9 de xuño, ás anteriores sumaranse a modo de reforzo durante as fins de semana e en festivos a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, a Biblioteca Xeral e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito que abrirán de 10.00 a 22.00 horas.