Skip to main content

Ciencias Económicas e Empresariais celebra este mércores o seu patrón

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC celebra este mércores 8 a festividade do seu patrón cun completo programa que inclúe a entrega de varios premios e unha conferencia do profesor De Miguel, que recibirá a Insignia de Ouro da USC. Será o reitor Juan Viaño quen inaugure ás 12.00 horas no salón de graos do centro un acto que comezará coa entrega do premio do concurso de pintura CreArte na Universidade 2015 a Carmen Rivas Fraga pola obra ‘O que declina’ e do Premio Fulget 2014 á empresa Financiera Maderera S.A. (FINSA), que recollerá o secretario xeral do Grupo Finsa, José Carballo García. A continuación os estudantes con premio extraordinario 2013-2014 de grao e máster e de doutoramento 2011-2012 recibirán tamén os seus recoñecementos académicos. O programa de actos finalizará cunha charla do profesor do Departamento de Economía Cuantitativa da USC José Carlos de Miguel, a quen se lle entregará a Insignia de Ouro da Universidade.

The contents of this page were updated on 04.07.2015.