Skip to main content

Charla sobre voluntariado na residencia universitaria ‘Bal y Gay’ a cargo de integrantes de Auxilia Lugo

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo da USC acubillará este mércores 8 de abril, a partir das 21.00 horas, unha charla sobre voluntariado na que intervirán como relatoras tres integrantes da asociación de voluntariado para a integración social e cultural de persoas con discapacidades a través da ensinanza a distancia e promovendo as actividades de tempo libre Auxilia Lugo.

A estudante universitaria na Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC, vogal de Auxilia Lugo e residente na residencia ‘Bal y Gay’, Mónica Cardelle Rouco, Nuria Neira Vila e Estefanía Fernández Novo, ambas tamén integrantes da directiva desta asociación de voluntariado luguesa, falarán nas súas respectivas intervencións sobre os dereitos e deberes das persoas voluntarias.

A historia de Auxilia Lugo, unha asociación esencialmente de voluntariado de ámbito nacional, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, será outro dos temas que abordarán as tres relatoras convidadas a participar nesta sesión sobre voluntariado, un foro no que tamén se repasará algunhas das actividades xa desenvolvidas nos últimos anos, así como da programación de accións que teñen previsto realizar ao longo das próximas datas.

The contents of this page were updated on 04.07.2015.