Skip to main content

A actriz Iria Pinheiro ofrece unha conferencia interpretada na Casa do Saber sobre o espectáculo ‘Anatomía dunha serea’

Iria Pinheiro, nunha representación de 'Anatomía dunha serea'
Iria Pinheiro, nunha representación de 'Anatomía dunha serea'
A sesión, de acceso libre e de balde ata completar aforo, comeza ás 20.00 horas. A artista participará a mediodía un encontró con alumnado do Ceip San José de Lugo

A actriz compostelá Iria Pinheiro ofrecerá este venres, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha conferencia interpretada sobre o espectáculo ‘Anatomía dunha serea’, unha produción artística xerminada ao abeiro do proxecto ‘A Berberecheira’ promovido polo grupo de teatro Chèvere.

A sesión que protagonizará este venres en Lugo Iria Pinheiro encádrase na programación cultural organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo. A artista compostelá centrará esta intervención en Lugo na creación ‘ Anatomía dunha serea’, unha produción nada da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun un acto escénico compartido.

‘Anatomía dunha serea’ é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións na que se dá a vida na sociedade actual, de como se concibe a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Trátase dun proxecto que trata a da violencia de xénero en lugares insospeitados, da falta de respecto pola intimidade no ámbito sanitario e de certos tabús que persisten na sociedade.

Horas antes da función programada na Casa do Saber, Iria Pinheiro participará nun encontro con alumnado de ensino medio do Ceip San José de Lugo. A temática desta sesión tamén xirará arredor de ‘ Anatomía dunha serea’ e, en consecuencia, servirá para reflexionar sobre a violencia de xénero.

The contents of this page were updated on 05.23.2019.