Skip to main content

Aberta a inscrición nos obradoiros sobre novos enfoques pedagóxicos programados en Formación de Profesorado

A Facultade de Formación de Profesorado do campus de Lugo da USC acubillará este sábado dous obradoiros sobre novos enfoques pedagóxicos orientados a docentes e estudantes e que se desenvolven no marco das XI Xornadas de Constelacións Familiares Bert Hellinger, organizadas pola Asociación Española de Constelacións Familiares Bert Hellinger na capital luguesa desde este venres ata o domingo 8 de marzo baixo o lema ‘Cada un no seu lugar, co amor que sana’.

Os dous obradoiros programados na Facultade Formación de Profesorado de Lugo desenvolveranse en quenda de mañá e son de carácter gratuíto para estudantes e docentes. A primeira das sesións, que leva por título ‘A pedagoxía sistémica: tendendo pontes entre a escola e a familia’, será impartida polo profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC Quintín Álvarez. O profesor Roberto Óscar Vetere, da Asociación Española Bert Hellinger, guiará a sesión ‘ Educar empoderando: saudar o pasado para amar o futuro. La constelación de Palo’. As persoas interesadas en tomar parte nestes obradoiros deben formalizar a súa inscrición na páxina web da Asociación Española de Constelacións Familiares Bert Hellinger (http://www.aebh.net).

The contents of this page were updated on 03.05.2015.