Skip to main content

A colección ‘Biblioteca de Pedagoxía’ que dirixe o profesor Antón Costa, premio á Mellor Iniciativa bibliográfica

Antón Costa, nun momento da recepción do recoñecemento
Antón Costa, nun momento da recepción do recoñecemento

O catedrático de Teoría e Historia da Educación Antón Costa Rico dirixe a Biblioteca de Pedagoxía, unha iniciativa da Editorial Kalandraka que acaba de ser recoñecida co premio á mellor Iniciativa bibliográfica na cuarta edición da Gala do libro Galego.

Esta colección acubilla ata o momento un total de oito títulos de relevancia dentro do ámbito específico de Pedagoxía agora traducidos ao galego. Entre outros figuran obras de Francesco Tonucci (A cidade dos nenos e Cando os nenos din basta!), Jean Piaget (A psicoloxía infantil e a nova educación), Maria Montessori (Educación para un mundo novo), Paulo Freire (Pedagoxía do oprimido), Lev Vigotski (A imaxinación e a expresión artística na infancia), Philippe Meirieu (Carta a un profesor mozo) e o libro Carta a unha profesora, texto escrito por nenas, nenos e adolescentes dunha escola rural italiana entre 1966 e 1967 para denunciar a selectividade social que impón un modelo de educación clasista e conservadora.

Captura da web de www.kalandraka.com

The contents of this page were updated on 05.20.2019.