Skip to main content

Entréganse este martes os galardóns dos Premios á Calidade Lingüística

Repártense quince premios nas modalidade de traballos académicos, proxectos de fin de carreira ou de grao e traballos de fin de máster

O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 12 a entrega dos galardóns correspondentes aos Premios á Calidade Lingüística, convocados para promover o emprego da lingua galega nos traballos de investigación. A entrega celebrarase nun acto protocolario ás 12.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia na que tamén participarán o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; o decano da facultade anfitrioa, Juan Monterroso; e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

A convocatoria contempla un total de quince premios cunha dotación que, en función da modalidade, oscila entre os 150 euros e diploma para os cinco mellores dos traballos académicos; os 300 euros outorgados aos da modalidade de proxectos fin de carreira ou de grao; e os 500 euros correspondentes aos traballos de fin de mestrado.

The contents of this page were updated on 03.09.2015.