Skip to main content

O Fórum Gastronómico Coruña 2015 premia a traxectoria profesional do profesor Xavier Castro

Xavier Castro
Xavier Castro

O profesor do Departamento de Historia Contemporánea Xavier Castro recibirá o vindeiro luns 16 o premio Picadillo do Fórum Gastronómico da Coruña en recoñecemento a súa traxectoria. Xavier Castro, ademais de membro do comité científicos da Fundación Dieta Atlántica da USC, forma parte da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación e conta con numerosas publicacións neste ámbito, ademais de ter colaborado como asesor histórico especializado en varios proxectos audiovisuais. A entrega do premio celebrarase nun acto no Auditorio do Fórum Gastronómico Coruña 2015 o luns ás 16.45 horas. Xavier Castro desempeña ou seu labor docente na Facultade de Xeografía e Historia, ademais de ter impartido docencia e desenvolvido investigación na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux de París. As súas publicacións teñen sido recoñecidas con diversos galardóns, entre eles o Premio Nacional de Gastronomía, o Gourmand World Award ous os premios de Investigación Ferro Couselo e Deza Investigacións, entre outros.

The contents of this page were updated on 03.13.2015.