Skip to main content

Gratifeira este xoves en Ciencias da Educación, un espazo para ampliar a vida útil dos obxectos

Gratifeira este xoves en Ciencias da Educación, un espazo para ampliar a vida útil dos obxectos
Gratifeira este xoves en Ciencias da Educación, un espazo para ampliar a vida útil dos obxectos

¿Quen non ten na súa vivenda unha morea de cousas que, estando en perfecto estado, ocupan os recunchos máis afastados dos armarios, dos caixóns ou se almacenan no faiado, cousas que terían aínda unha longa vida útil se estivesen noutras mans? Partindo desta realidade, o grupo de investigación SEPA (Pedagoxía Social e Educación Ambiental) da USC e o grupo de traballo A Eira do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organizan este xoves 12 unha gratifeira, un espazo no que ampliar a vida útil dos obxectos, doándoos e intercambiándoos para que outras persoas poidan dar conta deles poñendo así en práctica un hábito sustentable. Enmarcada no Proxecto SEPA en Transición, ten lugar no edificio central da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida (a carón da cafetaría) ata as 19.00 horas. . Mercado de troco Libros, CDs, DVDs, material informático, útiles de cociña, instrumentos musicais, revistas, bolsas e bolsos, útiles de viaxe, obxectos decorativos ou roupa. A gratifeira require unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non do que xa posuímos; diminúe a produción de residuos e o impacto do transporte e, sobre todo, habilita un espazo para achegar ás persoas e crear sinerxías na nosa comunidade máis inmediata.

The contents of this page were updated on 03.11.2015.