Skip to main content

O grupo Histagra e o Ateneo ferrolán lembran nunha mostra a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira

En 2014 cumpriuse o centenario do nacemento da xornalista, sexóloga, activista política e feminista Hildegart Rodríguez Carballeira (Madrid, 1914-1933), o que deu na organización de numerosos actos conmemorativos. Entre eles, unha exposición que este xoves 12 se inaugura ás 19.00 horas no segundo andar da Facultade de Xeografía e Historia organizada polo grupo Histagra da USC e o Ateneo ferrolán. Hildegart foi unha muller relevante no seu tempo, que con 18 anos xa tiña publicados máis dunha ducia de libros e pasquíns. Foi colaboradora de numerosos xornais e interveu en multitude de actos políticos. Militou en organizacións feministas e participou na creación da Liga para la Reforma Sexual. A exposición sobre o Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira percorre a súa vida no contexto civil e político no que viviu e recolle ademais unha das súas obras publicadas. Poderá visitarse ata o 12 de abril.

The contents of this page were updated on 03.11.2015.