Presentación do libro El territorio en la historia de Galicia. Organización y control. Siglos I-XXI
Poucas semanas antes de que vise a luz o volume El territorio en la historia de Galicia. Organización y control. Siglos I-XXI falecía un dos seus responsables, o profesor Gerardo Pereira Menaut. Por esta razón, os seus compañeiros e compañeiras, xunto co outro responsable da edición, o profesor Ermelindo Portela Silva, queren dedicarlle como homenaxe a presentación do volume que terá lugar este venres 19 ás 12.30 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia. Participarán no acto o vicerreitor de Oferta Docente e profesor da Facultade, Roberto López; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; o catedrático da USC Ángel Carracedo, íntimo amigo do profesor homenaxeado; a directora do Departamento de Historia I, Mar Llinares; o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco; e o catedrático da Universidade de Salamanca Pablo Díaz Martínez. Editado no selo USC Editora, o libro examina dous mil anos de creación e transformación da paisaxe galega: quen impulsou a organización territorial, por qué o fixeron e ao servizo de qué intereses.