Skip to main content

Oitava edición do curso de verán que estuda a cuestión medioambiental galega

Oitava edición do curso de verán que estuda a cuestión medioambiental galega
Oitava edición do curso de verán que estuda a cuestión medioambiental galega
CONVOCATORIA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Do 22 ao 25 de xuño desenvolverase na Facultade de Química a oitava edición dun curso de verán que se achega ao estado actual da cuestión medioambiental en Galicia desde un punto de vista multidisciplinar. O prazo para matricularse remata este venres 12. Os ríos, o radón, o termalismo, os bosques e as árbores monumentais, a enxeñaría ambiental e a conservación dos cantís serán as cuestión a tratar en profundidade o día 22 e na mañá do 23. A partir de aí terá lugar unha serie de visitas guiadas ao Museo de Historia Natural da USC, á factoría de PSA Peugeot Citroën en Vigo e á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. A última xornada do curso resérvase para un obradoiro de medio ambiente.

Os relatorios correrán a cargo de especialistas galegos en cada una das materias a tratar. Así, da USC participan o director da Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’, Fernando Cobo Gradín; a responsable do Laboratorio de Análise de Radiacións, Dolores Cortina Gil; o director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro Rodríguez; o coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental, Francisco Omil Prieto; e o director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Victoriano Urgorri Carrasco. Da Universidade de Vigo intervén o director do Departamento de Física Aplicada, José Luis Legido Soto.

The contents of this page were updated on 06.09.2015.