Achegan claves para traballar nas escolas coa comunidade xitana en risco de exclusión
A Universidade de Santiago colabora nas ‘ Xornadas de Realidade Educativa na Comunidade Xitana en Exclusión: Formación para profesionais no ámbito escolar’ que organiza Unión Romaní para os días 16 a 18 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación. O prazo para inscribirse de balde remata este mércores 10. Financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o encontro pretende achegar iniciativas e accións que complementen a formación dos profesionais que interactúan coa comunidade xitana e gadyè en risco de exclusión ou estudantes interesados neste campo de intervención, nun tempo no a sociedade é cada vez máis heteroxénea e na que a diversidade cultural se reflicte nas aulas escolares. As xornadas constarán dunha parte teórica con temáticas centradas en aspectos sociolóxicos e culturais do pobo xitano, mediación, familia e escola e doutra eminentemente práctica na que se ofrecerán estratexias para a resolución de conflitos a través de dinámicas educativas.