Skip to main content

A USC e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitarias asinan un convenio para apoiar as actuacións arqueolóxicas en Cova Eirós

A USC e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinarán o luns 15 un convenio para a colaboración de ambas institucións nas actuacións arqueolóxicas que investigadores da Facultade de Xeografía e Historia desenvolven no xacemento de Cova Eirós no concello de Triacastela. Asinarán o documento o reitor Juan Viaño e o conselleiro Román Rodríguez González nun acto ás 12.15 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia. Dende o ano 2008 e ata 2014, un equipo do Departamento de Historia I coordina o xacemento paleolítico de Cova Eirós, enclave que dende entón ten proporcionado achados de grande importancia para ampliar o coñecemento sobre a época prehistórica en Galicia. Os resultados acadados consolídana como un xacemento de referencia no norte peninsular para estudar as similitudes e diferenzas entre dúas especies de homínidos (homo sapiens e neandertal) nun mesmo contorno e xacemento.

The contents of this page were updated on 06.12.2015.