Skip to main content

Dúas publicacións da USC entre as universitarias máis vendidas na Feira do Libro de Madrid

Stand da UNE na 74 Feira do Libro de Madrid (Foto: UNE)
Stand da UNE na 74 Feira do Libro de Madrid (Foto: UNE)
Dúas publicacións da USC entre as universitarias máis vendidas na Feira do Libro de Madrid

Antimateria, magia y poesía , de José Edelstein y Andrés Gomberoff, volume 1 da Biblioteca de Divulgación-Serie Científica, e Astronomía a simple vista , 2ª edición facsimilar da edición orixinal de 1948 de Ramón María Aller promovida por José Ángel Docobo, publicados ambos os dous en 2014 polo Servizo de Publicacións da USC, foron dous dos títulos universitarios máis vendidos (nos postos 2 e 4 respectivamente) na Feira do Libro de Madrid que tivo lugar entre o 29 de maio e o día 14 de xuño. A esta 74 edición da feira acudiron 44 editoriais asociadas á Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), cun total de 700 novidades, que facturaron un 8% más que en 2014.

The contents of this page were updated on 02.13.2023.