Skip to main content

Inaugúranse este martes en Ciencias da Educación as xornadas de realidade educativa na comunidade xitana en exclusión

A Universidade de Santiago colabora nas ‘ Xornadas de Realidade Educativa na Comunidade Xitana en Exclusión: Formación para profesionais no ámbito escolar’ que organiza Unión Romaní para os días 16 a 18 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte). A xornada inaugural será ás 16.15 horas coa presenza do presidente e do vicepresidente da entidade organizadora, Juan de Dios Ramírez Heredia e Antonio Torres Fernández, respectivamente. Financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o encontro pretende achegar iniciativas e accións que complementen a formación dos profesionais que interactúan coa comunidade xitana e gadyè en risco de exclusión ou estudantes interesados neste campo de intervención, nun tempo no a sociedade é cada vez máis heteroxénea e na que a diversidade cultural se reflicte nas aulas escolares. As xornadas constarán dunha parte teórica con temáticas centradas en aspectos sociolóxicos e culturais do pobo xitano, mediación, familia e escola e doutra eminentemente práctica na que se ofrecerán estratexias para a resolución de conflitos a través de dinámicas educativas. Da USC participan os docentes Miguel Ángel Santos Rego e Mar Lorenzo Moledo, ambos os dous do Departamento de Teoría da Educación, Histroai da Educación e Pedagoxía Social.

The contents of this page were updated on 06.15.2015.