Skip to main content

Jesús Carrete Montaña, colaboración do grupo NAFOMAT da USC, recoñecido co Young Scientist Prize in Computational Physics

Jesús Carrete. Foto: www.iupap.org
Jesús Carrete. Foto: www.iupap.org

Jesús Carrete Montaña, doutor en Física pola USC e investigador colaborador do grupo de Nanomateriais, fotónica e materia branda da USC (NAFOMAT) acaba de ser designado IUPAP Young Scientist Prize in Computational Physics (CCP2019), galardón que recibirá a finais do vindeiro mes de xullo na XXXI IUPAP Conference in Computational Physics na Universidade de Hong Kong. O premio foi outorgado en recoñecemento ao labor desenvolvido polo investigador durante os últimos anos no campo da computación e máis concretamente “polas súas orixinais contribucións e o desenvolvemento de métodos computacionais pioneiros no campo emerxente do transporte térmico ab initio, permitindo a predición, libre de parámetros, das propiedades de condución térmica dos materiais sólidos e abriendo estes novos métodos á comunidade científica máis ampla a través de canles de código aberto".

Jesús Carrete Montaña realizou os seus estudos de Física na USC entre 2002 e 2007, licenciándose con premio extraordinario. Foi tamén Premio fin de carreira de Física da Xunta de Galicia e Premio Nacional Fin de Carreira en Física. Realizou a súa tese de doutoramento na USC baixo a dirección dos profesores Luis Javier Gallego del Hoyo e Luis Miguel Varela Cabo doutorándose en 2012 coa tese titulada ‘Theoretical and computational study of thermal and transport processes in nanostructured systems’, merecedora do Premio Extraordinario de Doutoramento. Dende 2016 é científico senior do Intitute of Materials Chemistry en Viena onde desenvolve actividades docentes e investigadoras.

The contents of this page were updated on 05.09.2019.