Skip to main content

A Facultade de Veterinaria despide este sábado a súa primeira promoción de graduados

A Facultade de Veterinaria celebrará este sábado, a partir das 11.00 horas, no auditorio ‘ Enrique A. González García’, o acto de graduación da primeira promoción do Grao en Veterinaria, integrada por 75 estudantes que completaron os estudos deste título universitario entre 2010 e 2015.

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, presidirá este celebración académica no marco dun acto no que tamén intervirán como relatores o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina, e o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. O profesor da USC na Facultade de Veterinaria Juan José Becerra González, en calidade de padriño desta primeira promoción de graduados en Veterinaria; a tenente alcalde da área de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo, Rosana Rielo; a deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación Provincial de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, e a presidenta do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, Ana López Pombo, tamén participarán neste acto de graduación da nova promoción de veterinarios formados en Lugo e no marco do que a veterinaria facultativa do Hospital Rof Codina Ángela González Martínez ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Comportamento canino’.

The contents of this page were updated on 06.05.2015.