Skip to main content

A terceira promoción de graduados en Enfermaría celebra este xoves o acto académico no auditorio de Veterinaria

A terceira promoción de graduados en Enfermaría na escola universitaria do campus de Lugo celebrará este xoves, día 4 de xuño, a partir das 18.00 horas, o acto académico de graduación no auditorio da Facultade de Veterinaria.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, será o encargado de presidir esta sesión universitaria aberta á participación das familias e na que tamén intervirán como relatores o xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Antonio García Quintáns; a directora da escola universitaria de Enfermaría, Mª Asunción Núñez Magdalena; a directora de Procesos de Enfermaría da EOXI Lugo, Cervo e Monforte, Mª Jesús Pérez Taboada, e o vicepresidente do Colexio de Enfermaría, José Antonio Calvo Pérez. O profesor da escola universitaria de Enfermaría de Lugo José Luis Díaz López tamén intervirán en calidade de padriño da promoción nun acto que rematará cunha actuación da coral do hospital universitario Lucus Augusti e no marco do que José Noval Cinza, enfermeiro, graduado social e licenciado en Dereito, ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Enfermaría: coidados e valores’.

The contents of this page were updated on 06.03.2015.