Skip to main content

Enfermaría despide a terceira promoción de graduados en Lugo

Estuadantes da terceira promoción do grao en Enfermería no campus de Lugo
Estuadantes da terceira promoción do grao en Enfermería no campus de Lugo

A Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo celebrou este xoves o acto académico de graduación da terceira promoción de estudantes que completaron a formación do grao en Enfermaría no centro no marco dun acto académico presidido polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, no auditorio da Facultade de Veterinaria e no que participaron 60 alumnos da promoción 2011-2015.

A cerimonia de graduación desenvolveuse no marco dunha sesión aberta á á participación das familias e na que tamén interviron como relatores o xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Antonio García Quintáns; a directora da escola universitaria de Enfermaría, Mª Asunción Núñez Magdalena; a directora de Procesos de Enfermaría da EOXI Lugo, Cervo e Monforte, Mª Jesús Pérez Taboada, o vicepresidente do Colexio de Enfermaría, José Antonio Calvo Pérez, e o profesor da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo José Luis Díaz López, en calidade de padriño desta promoción de novos graduados O enfermeiro, graduado social e licenciado en Dereito José Noval Cinza foi o relator encargado de ofrecer a lección maxistral da sesión, unha intervención que se desenvolveu baixo o título ‘ Enfermaría: coidados e valores’. Ao seu remate e trala imposición de becas á nova promoción de graduados en Enfermaría na escola luguesa, o acto rematou cun breve concerto a cargo da Coral do Hospital Universitario Lucus Agusti. Autoridades académicas e relatores que participaron no acto de graduación

The contents of this page were updated on 06.04.2015.