Skip to main content

O grupo Iacobus da USC presentou dúas obras resultado do seu traballo investigador

De esquerda a dereita, Carmen López, Juan Monterroso, Roberto López, Ana Goy e Lucila Ventoso (Foto: SERVIMAV-USC)
De esquerda a dereita, Carmen López, Juan Monterroso, Roberto López, Ana Goy e Lucila Ventoso (Foto: SERVIMAV-USC)

O grupo de investigación Iacobus da USC presentou na Facultade de Xeografía e Historia o libro De nombres y obras e as actas do Congreso ‘Barroco Ibeoroamericano: identidades culturales de un imperio’, ambos publicados por Andavira e sometidos a avaliación por pares. De nombres y obras, sétimo número da serie Opus Monasticorum, presentouno a súa coordinadora Carme López Calderón. A obra dirixida polos docentes Ana E. Goy Diz e Juan Monterroso céntrase en achegas dos diferentes membros do grupo de investigación sobre obras e artistas fundamentais da historia da arte galega, desde exemplos do monacato beneditino e cisterciense ata a ilustración galega de principios do século XX ou Eugenio Granell, pasando por textos dedicados á catedral de Santiago ou á serie de retratos de Gregorio Ferro Requeixo da familia de San Rosendo. Pola súa banda, a segunda publicación recolle as actas do congreso celebrado en Santiago de Compostela en maio de 2013. Son máis de 60 estudos sobre barroco iberoamericano realizados por investigadores españois, portugueses, ingleses, italianos e mexicanos e compilados baixo a coordinación de Carme López Calderón, da USC; María de los Ángeles Fernández Valle, da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla; e María Inmaculada Rodríguez Moya, da Jaume I. No acto de presentación que presidiu o vicerreitor Roberto López participaron, ademais da coordinadora dos dous volumes, o decano da Facultade, Juan Monterroso; a profesora Ana Goy Diz e a editora Lucila Ventoso.

The contents of this page were updated on 05.20.2015.