Skip to main content

Visita a Santiago do Nobel de Física en 1997, Claude Cohen-Tannoudji

O Premio Nobel de Física Claude Cohen-Tannoudji, pioneiro en métodos de arrefriamento de átomos con feixes de láser, visita esta semana Santiago na que é a primeira actividade do ano do Programa ConCiencia de divulgación científica. O físico francés de orixe alxeriana manterá un encontro cos medios de comunicación este mércores 27 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Xa o xoves 28 pola mañá reunirase en Física con investigadores e á noitiña pronunciará no Auditorio Abanca unha conferencia aberta ao público en xeral sobre a manipulación de átomos con luz.

O profesor do Collège de France e Laboratoire Kastler Brossel da École Normale Supérieure (Francia) recibiu en 1997 o Premio Nobel "polo desenvolvemento de métodos para arrefriar e atrapar átomos con luz láser". As técnicas desenvolvidas por el outros científicos como William Phillips e Steven Chu foron esenciais para fabricar reloxos atómicos máis precisos e así poder mellorar a navegación espacial e os sistemas GPS.

The contents of this page were updated on 05.26.2015.