Skip to main content

Alumnado do Mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato proxecta no Centro Cívico de Romaño o documental ‘A Cova’

O Centro Cívico de Romaño (Travesía Vista Alegre, 46) acolle este xoves 9 ás 18.30 horas a proxección do documental ‘A Cova’ realizado polo alumnado do Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, na Especialidade de Artes.

Desta forma péchase o proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ‘Recuperando as tradicións a través da música e da arte’, que comezou en 2016 co obxectivo de ofrecer obradoiros de iniciación musical a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade asistentes a centros cívicos do rural, cuxa responsable é María Pose, que colaborou activamente na iniciativa.

No curso pasado, no marco da materia Innovación Docente e Iniciación á investigación en Música e Artes, propúxose visibilizar as historias da infancia dos maiores do Centro Cívico de Bornais. Nesta ocasión o tema inicial son os xogos no tempo libre: "a cova é festa, a cova é escola, a cova é camiño de vida".

The contents of this page were updated on 05.08.2019.