Skip to main content

Aberta a inscrición nunha marcha fotográfica pola zona do monte Louro e Ancoradoiro

Aberta a inscrición nunha marcha fotográfica pola zona do monte Louro e Ancoradoiro
Aberta a inscrición nunha marcha fotográfica pola zona do monte Louro e Ancoradoiro

O Servizo de Deportes da USC e a Fundación USC Deportiva organizan o sábado 4 de xullo unha marcha fotográfica pola zona de monte Louro, lagoa de Xalfas e praia do Ancoradoiro que mestura sendeirismo e fotografía. A actividade está titorizada por Andrés Fraga, profesor de Fotografía Contemporánea na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC que conta con máis de 10 anos de experiencia como profesional en varios medios, entre eles El País, e formou parte do proxecto 6MPasos que en 2010 o levou a percorrer os 6.000 quilómetros que separan Nordkapp (Noruega) e Compostela. A marcha está aberta a calquera persoa independentemente do nivel fotográfico que teña e do que equipo que leve. Tentarase que todo o mundo aprenda a sacarlle o máximo partido ao seu equipo e que todos volvan sabendo algo máis sobre a fotografía de natureza. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición na web www.fundacionuscdeportiva.org. O custo é de 38 € e as prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición, son limitadas (cun máximo de 25) polo que se recomenda realizar a reserva o antes posible.

The contents of this page were updated on 06.02.2015.