Skip to main content

Ensinan nun curso de verán as utilidades dos xardíns como recurso educativo

Ensinan nun curso de verán as utilidades dos xardíns como recurso educativo
Ensinan nun curso de verán as utilidades dos xardíns como recurso educativo
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

O uso dos xardíns como recurso educativo e a súa pertinencia do desenvolvemento de competencias en diversas áreas curriculares porase de manifesto entre os días 18 e 19 de xuño nun curso de verán que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Educación. O prazo de matrícula remata este venres 5. Dirixido por Juan Pedro Ortiz Sanz e Ana Mª Porto Castro, nos dous días do encontro mostraranse diversas experiencias contrastadas sobre o uso do xardín no desenvolvemento curricular, que se poderán probar posteriormente en numerosas actividades prácticas. Desde iniciativas en liña ou sementes de formas ou números pasando pola aprendizaxe de ciencias investigando o xardín, o solo e o ciclo da auga ata unha visión artística da planificación da xardinería. O claustro docente está formado fundamentalmente por especialistas de Ciencias da Educación, Enxeñaría Agrónoma, Bioloxía, Matemáticas e Arte.

The contents of this page were updated on 06.03.2015.