Skip to main content

Gradúase a primeira promoción do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos

A primeira promoción do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos celebra este venres 5 o seu acto de graduación, que presidirá o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira, a partir das 18.00 horas no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). Na cerimonia intervirán Antón Taboada Santos en nome do alumnado; Héctor Rodríguez Martínez como padriño da promoción; a coordinadora do máster, Julia González Álvarez; o subdirector da ETSE, Francisco Omil Prieto; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo Costa; e o director xeral de Lonza Biologics Porriño S.L., Luis Sánchez Ureña.

The contents of this page were updated on 06.04.2015.