Skip to main content

Declaración conxunta dos departamentos de Galego das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo

Foi aprobada por unanimidade en cada un dos tres Consellos de Departamento

Os departamentos de galego das tres universidades do Sistema Universitario Galego (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) acordaron facer pública unha declaración conxunta expresando a súa “fonda preocupación pola situación que atravesa actualmente a lingua galega e polo seu futuro”, que consideran “seriamente ameazado”. No documento defenden a lingua propia como “ patrimonio de todos os galegos e galegas e reclaman dos poderes públicos unha aposta decidida pola normalización lingüística, emendando a actual liña de actuación política nesta materia, e o cumprimento das súas obrigas legais de defensa e promoción do galego”.

A declaración foi aprobada por unanimidade nos Consellos dos tres departamentos e está asinada polos seus directores: Francisco Cidrás, do Departamento de Filoloxía Galega da USC; Manuel Ferreiro, do Departamento de Galego-Portugués , Francés e Lingüística da UdC, e Burghard Baltrusch, do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo.

The contents of this page were updated on 05.11.2015.