Skip to main content

Instalación dun punto informativo contra a violencia de xénero na Facultade de Formación do Profesorado

O programa de concienciación e prevención da violencia de xénero nos 7 campus universitarios galegos, unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade e que comezou a súa andaina o pasado mércores no Campus Vida de Santiago de Compostela, chegará este luns ao campus de Lugo, donde está prevista a colocación dun punto informativo na Facultade de Formación do Profesorado.

A instalación deste punto de información e concienciación contra a violencia xénero desenvolverase a partir das 10.30 horas, no marco dun acto no que está prevista a participación da secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella. O decano da Facultade de Formación do Profesorado, Francisco Rodríguez Lestegás, e a vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, tamén participarán.

The contents of this page were updated on 11.27.2015.