Skip to main content

O IV International Day da USC, punto de encontro das culturas do mundo

O IV International Day da USC, punto de encontro das culturas do mundo
O IV International Day da USC, punto de encontro das culturas do mundo
Estudantes internacionais informan ao futuro estudantado sobre a gastronomía, a economía e a vida universitaria nos seus países

Qué mellor maneira de decidir o país no que un estudante realizará parte da súa carreira que charlando coas persoas orixinarias deste? Precisamente iso foi o que fixeron hoxe os centos de estudantes da USC que asistiron ao International Day que se prolongará durante todo o día de hoxe.

A gastronomía, a cultura, o nivel adquisitivo, os estudos, os idiomas... cuestións todas que espertan dúbidas entre o alumnado e que hoxe lle despexaron outros estudantes chegados de África, Europa, América e Asia que están estudando na Universidade de Santiago.

A Facultade de Xeografía e Historia converteuse así hoxe nunha feira internacional na que estudantes chegados de todos os lugares do mundo avanzaron algunhas das experiencias que se poden vivir en Irán, Vietnam, Armenia, Xapón, Tunicia, Chile, Tíbet, Andorra, Albania, Brasil, China, México, India, Reino Unido ou Turquía, entre outros moitos países.

A vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido, foi a encargada de inaugurar este encontro nun acto ao que tamén asistiron a subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica, María Jesús Nieto Tallón, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

The contents of this page were updated on 11.26.2015.