Skip to main content

A cultura da sustentabilidade centra o debate da terceira sesión dos Encontros de xoves de lúa chea na residencia Jesús Bal y Gay

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
Xoán Carlos Carreira, Marcelino Maneiro e Dolores Vázquez Castro intervirán como relatores nunha sesión que se desenvolve este xoves 7 de maio a partir das 20.00 horas

Os Encontros de xoves de lúa chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en galego celebra este xoves 7 de maio á súa terceira sesión na cafetería da residencia universitaria Jesús Bal y Gay, na que se debaterá sobre a cuestión da cultura da sustentabilidade.

O profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Xoán Carlos Carreira Pérez, abrirá a sesión cun relatorio que servirá para achegar ao público presente á temática obxecto de debate e sobre a que, de seguido, aportarán a súas respectivas reflexións Marcelino Maneiro, profesor de Química Inorgánica, e Dolores Vázquez Castro, profesora de Ecoloxía. Esta nova sesión do ciclo ‘Encontros de xoves de lúa chea’ é de carácter aberto á participación de todo o público interesado. O acceso é libre e de balde.

The contents of this page were updated on 05.06.2015.