O Paraninfo acolle a retransmisión en directo de La Traviata dende o Teatro Real
As persoas amantes da ópera terán a oportunidade de asistir este venres 8 á retransmisión, en directo desde o Teatro Real, de A Traviata de Giuseppe Verdi. O acto, organizado en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela dentro do Maio Lírico 2015, terá lugar no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) ás 20.00 horas. A traviata é unha ópera en tres actos con Libreto de Francesco Maria Piave, baseado na novela e na obra de teatro La Dame aux camélias (1848 e 1852) de Alejandro Dumas fillo. Trátase dunha coprodución entre o Teatro Real, o Gran Teatre do Liceu de Barcelona, a Scottish Opera de Glasgow e a Welsh National Opera de Cardiff co Coro e Orquestra Titulares do Teatro Real Coro Intermezzo / Orquesta Sinfónica de Madrid.